Premio de Xornalismo Daphne Caruana Galizia

Do ao

Información de contacto:

info@daphnejournalismprize.eu

O Parlamento Europeo convoca unha nova edición Premio de Xornalismo Daphne Caruana Galizia, creado para homenaxear á xornalista de investigación e blogueira maltesa asasinada en outubro de 2017. O galardón recompensará a profesionais da información que promovan ou defendan os principios e valores fundamentais da Unión Europea, como a dignidade, a liberdade, a democracia, a igualdade, o Estado de Dereito ou os dereitos humanos.

Dotado con 20.000 euros, o Premio está aberto a xornalistas e equipos de xornalistas profesionais de calquera nacionalidade, que poden presentar reportaxes de investigación que foran publicadas ou emitidas por medios radicados nun dos vinte e sete Estados membros da Unión Europea entre o 1 de setembro de 2021 e o 31 de xullo de 2022.

O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o 31 de xullo de 2022 e as inscricións deberán realizarse a través da web do galardón xornalístico.

Máis información nas bases do premio