Os conflitos armados ante a crise da orde internacional
Do ao
Horario: Martes 28 de abril de 2026 ás 18:00 horas
Lugar: Sala de Xuntas da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. Avda. Dr. Ángel Jorge Echeverri, s/n. 15782 Santiago de Compostela
Amnistía Internacional e o Grupo de Estudos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela (USC) organizan a mesa redonda Os conflitos armados ante a crise da orde internacional, que terá lugar o vindeiro martes 28 de abril ás 18:00 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela (Avda. Dr. Ángel Jorge Echeverri, s/n).
No debate van intervir Ana Expósito Valle, xornalista de guerra da Televisión de Galicia; Julio Jorge Urbina, profesor de Dereito Internacional Público da USC; e Carlos de las Heras, responsábel de Países na sección española de Amnistía Internacional.
A entrada é libre e gratuíta.