Medios locais no Fediverso: por unhas redes sociais máis sanas

Do ao

Horario: Mércores 18 de marzo das 10:00 ás 11:00 horas e Sábado 28 de marzo das 9:30 ás 17:30 horas

Lugar: Edificio Cersia (Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, s/n. 15703 Santiago de Compostela

Información de contacto:

mediosengalego@gmail.com

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) organiza o obradoiro Medios locais no Fediverso: por unhas redes sociais máis sanas, destinado a explorar novas ferramentas dixitais para os medios de comunicación de proximidade e reflexionar sobre o futuro das redes sociais. O obradoiro celebrarase en dúas sesións: unha sesión remota o mércores 18 de marzo ás 10:00 horas a través de Zoom e unha sesión presencial das 9:30 ás 17:30 o sábado 28 de marzo no Edificio CERSIA de Santiago de Compostela (Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, s/n). 

Durante a sesión en liña abordarase unha introdución ao Fediverso, explicando que é, cales son as súas características e que diferenzas presenta respecto das grandes plataformas comerciais. Tamén se analizarán exemplos como Mastodon, Pixelfed, Peertube ou Loops, e o seu potencial para fortalecer a presenza dixital dos medios locais.

A formación será impartida por TOKIKOM, a rede de medios locais do País Vasco, unha das experiencias máis avanzadas de cooperación entre medios de proximidade no ámbito europeo. Ademais, contará coa participación de Mastodon.gal, que presentará as posibilidades desta instancia galega dentro do Fediverso e desenvolverá un taller práctico para aprender a utilizar esta rede social descentralizada.

Para participar no obradoiro é necesario inscribirse en a través do correo electrónico mediosengalego@gmail.com. A actividade conta con 30 prazas, con prioridade para os medios socios de AMEGA.

Máis información aquí