LXXXVI Premio de Xornalismo Alejandro Pérez Lugín
Do ao
Información de contacto:
Asociación da Prensa da Coruña
R/ Durán Loriga, 10-4.
15003 A Coruña
A Asociación da Prensa da Coruña convoca a LXXXVI edición do seu premio de xornalismo Alejandro Pérez Lugín, que este ano terá como lema "A vida e a obra de Alejandro Pérez Lugín no centenario da súa morte”, para render homenaxe a un dos xornalistas fundamentais na historia da asociación, que dá nome a un dos premios xornalísticos máis vellos de España.
O certame ten como prazo límite de presentación o próximo 30 de decembro, para traballos escritos en castelán ou galego e que teñan unha extensión máxima de 3 páxinas ou 5.100 carácteres, en calquera dos xéneros xornalísticos. As obras, inéditas, enviaranse en papel por correo certificado e en sobre pechado á Asociación da Prensa da Coruña, R/ Durán Loriga, 10-4. 15003 A Coruña. O sobre levará un pseudónimo e un lema e a indicación “Premio Alejandro Pérez Lugín”. Os traballos tamén poderán remitirse ao correo electrónico info@periodistascoruna.es, desde un correo electrónico creado co pseudónimo baixo o que se presenta o autor e co mesmo lema no asunto.
O premio está dotado con 3.000 euros e un elemento artístico acreditativo.
Máis información aqui.