IX Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey

Do ao

Información de contacto:

Concello de Fornelos de Montes
Praza da Igrexa, 1
36847 Fornelos de Montes
986 76 84 09
fornelos.gal

O Concello de Fornelos de Montes convoca a novena edición do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey, que busca honrar a memoria do ilustre escritor e contribuír á promoción xornalística en galego.

Cada participante pode enviar un único artigo, escrito en galego nun estilo xornalístico de carácter divulgativo e/ou de opinión no ámbito da denuncia social. Os artigos presentados deberán ter entre 2.500 e 3.500 caracteres con espazos incluídos (entre 450 e 600 palabras, aproximadamente).

O prazo para a recepción de candidaturas remata o día 30 de maio de 2026. A persoa gañadora recibirá 1000 euros.

Máis información nas bases do premio.