IX Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti
Do ao
Información de contacto:
Ateneo de Santiago
Praza de Salvador Parga, 4-2º
15704 Santiago de Compostela
ateneo@ateneodesantiago.gal
O Ateneo de Santiago convoca a novena edición do Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico, que ten o obxectivo de impulsar traballos xornalísticos que contribúan a promover un debate cívico sobre asuntos de interese social, favorecendo o espazo público para mellorar a calidade de vida dos cidadáns.
Poderán participar as persoas físicas que sexan as autoras dos traballos presentados e teñan o xornalismo como principal medio de vida. Os traballos tamén poderán ser propostos, co consentimento do autor ou autores, polos medios nos que foron publicados ou polos socios e socias da Federación de Ateneos de Galicia. Os traballos presentados deberan abordar temas de interese cívico ou cidadán e estar publicados ou difundidos entre o 1 de novembro de 2025 e o 31 de outubro de 2026. Os traballos impresos ou publicacións dixitais deberán estar redactados en galego ou castelán e os traballos audiovisuais deberán incluír narracións ou diálogos en calquera destes dous idiomas.
Para participar no premio, dotado con 1.500 € e un recordo conmemorativo, deberanse remitir os traballos, xunto ao formulario de inscrición e especificando no asunto o nome do premio ao correo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal. O prazo de presentación dos traballos finalizará ás 20 horas do 31 de outubro de 2026.
Máis información nas bases do premio.