IV Premio #PeriodismoResponsable

Do ao

Información de contacto:

periodismoresponsable@papageno.es

A Asociación de Profesionais en Prevención e Postvención do Suicidio Papageno e o concello de Alcalá la Real (Jaen) convocan a cuarta edición do premio #PeriodismoResponsable, co obxectivo de distinguir os mellores traballos que visibilicen a problemática do suicidio e axuden a salvar vidas.

Podrán presentarse ao premio todos os traballos xornalísticos difundidos en español en medios de comunicación de España publicados en soporte de papel, dixital, radiofónico ou televisivo. O premio está dividido en tres categorías: nacional, audiovisual e rexional (pezas publicadas en medios andaluces), ademais dun premio especial ao mellor traballo dos correspondentes de Alcalá la Real. As persoas gañadoras recibirán 200 euros e un diploma conmemorativo.
 
As publicacións poden tratar o suicidio desde calquera das súas múltiples perspectivas, con traballos publicados entre o 1 de xullo de 2023 e o 30 de xuño de 2024. As persoas interesadas terán que enviar os traballos ao correo electrónico periodismoresponsable@papageno.es ata o 19 de setembro de 2024.
 
Máis información nas bases do premio