IV Premio de Xornalismo “Mundo Rural”

Do ao

Información de contacto:

prensa@fundacionartemisan.com

A Fundación Artemisan convoca o cuarto Premio de Xornalismo “Mundo Rural”, que recoñecerá os mellores traballos que "promovan, impulsen ou apoien os valores positivos relacionados co mundo rural e coas actividades produtivas que fan posible a súa sustentabilidade, con especial atención á caza".

O certame establece un primeiro premio dotado con 2.500 euros e un accésit de 500 euros. Os traballos deberán ter sido publicados en medios de comunicación (radio, televisión, prensa escrita ou medios dixitais) entre o día 1 de outubro de 2023 e o día 30 de setembro de 2024.

O prazo de participación permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2024. Poderán presentarse as candidaturas no correo electrónico: prensa@fundacionartemisan.com, indicando no asunto ‘”Premio de Periodismo Mundo Rural” e o nome do participante.

Máis información nas bases do premio