III Premio Pablo L. Orosa de fotoxornalismo

Do ao

A Fundación Luzes convoca a IIIª edición do Premio Pablo L. Orosa de fotoxornalismo, co obxectivo de dar anualmente visibilidade a temas de interese da realidade galega, así como abrir novas oportunidades a profesionais do fotoxornalismo en Galicia. O galardón quere tamén homenaxear ao fotoxornalista e escritor galego Pablo L. Orosa, como exemplo das achegas de excelencia que profesionais novas poden desenvolver nesta actividade.

Poden participar no premio todas as persoas maiores de 18 anos, cunha serie de sete imaxes, que poden estar publicadas, cun carácter documental. A temática das imaxes versará sobre o algún acontecemento relevante para a sociedade galega. O premio terá unha dotacion economica de 2.500 €.

As fotografías enviaranse por medio dun correo electrónico ao enderezo electrónico premios@fundacionluzes.gal, indicando no «Para o IIIº PREMIO PABLO L. OROSA DE FOTOXORNALISMO da Fundación Luzes» e o mesmo nome que figure nos arquivos JPEG das fotografias. O prazo de recepción de obras extenderase do 15 de setembro ao 15 de outubro de 2022.

Máis información nas bases anexas.