I Premios de Xornalismo Económico
A Asociación de Periodistas de Información Económica (APIE) convoca a primeira edición dos seus Premios de Xornalismo, creados con motivo do seu 50 aniversario, que se cumpre o ano 2023. Estes galardóns queren recoñecer a excelencia na información económica e os valores que deben impulsala.
Organizados coa colaboración e o patrocinio de Banco Santander, Mutua Madrileña, PWC e Repsol, os premios divídense en dúas categorías, cada unha delas dotada con 10.000 euros: Nova Promesa do Xornalismo Económico e Referencia no Xornalismo Económico.
Poden enviarse candidaturas ao correo electrónico apie@apie.es entre o 1 de xaneiro e o 15 de febreiro de 2023.
Máis información nas bases do premio.