Habitar o baleiro
Do ao
Horario: Do 8 de xuño ao 31 de xullo de 2026 en horario das 11.00 ás 14.00 e das 17.00 ás 20.00 horas
Lugar: Sede Afundación Ferrol. Praza da Constitución s/n. 15402 Ferrol (A Coruña)
Do 8 de xuño ao 31 de xullo, a Sede Afundación Ferrol acolle Habitar o baleiro, unha exposición fotográfica que pon o foco en algo que ocorre preto de nós, pero que, adoito, pasa desapercibido: a transformación silenciosa do rural galego. O que nace, o que desaparece, o que resiste.
O proxecto naceu da man do fotógrafo Brais Lorenzo e un equipo de xornalistas (Cláudia Morán, Alba Moledo, Sergio Pascual, Lucía Abarrategui e Alba Rodríguez Saavedra) co apoio da produtora Metrópolis. Xuntos percorreron algunhas zonas rurais de Galicia, especialmente das provincias de Ourense e Lugo, para retratar o envellecemento e a soidade, a convivencia cos parques eólicos, o impacto da seca e os incendios, e tamén os proxectos de vida que elixen quedarse ou volver ao campo.
O resultado é unha mostra multifacética construída a partir de fotografías, audios, vídeos e textos que, en conxunto, compoñen un retrato coral e profundamente humano dun territorio en transformación. Trátase dun traballo xornalístico recoñecido con premios como os Ortega y Gasset, Sony World Photography Awards ou Istanbul Photo Awards, entre outros.