Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2026
Do ao
Horario: Venres 13 de marzo de 2026, desde as 12:15 ata as 20:00 h, e sábado 14 de marzo de 2026, desde as 12:00 ata as 20:00 h
Lugar: Teatro Principal. Rúa Paio Gómez Charino, 6. 36002 Pontevedra
A Deputación de Pontevedra organiza unha nova edición do Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas, que terá lugar o venres 13 e o sábado 14 de marzo no Teatro Principal de Pontevedra (Rúa Paio Gómez Charino, 6). Nesta novena edición escoitaremos un total de catorce profesionais de diferentes perfís e medios de comunicación para seguir reivindicando o espazo que as mulleres merecen no xornalismo e nos ámbitos de poder e de opinión.
Nesta nova edición comeza unha segunda etapa do foro despois da celebración compartida en outubro por chegar a 100 mulleres convidadas desde 2018, sumando un diario de opinións e un documental á memoria e historia deste proxecto. Por iso, este ano o cartel insiste no sentido de rede e comunidade, contando con profesionais que as convidadas doutras edicións recomendaron. O Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas ten o seguinte programa:
Venres 13 de marzo
12:15 h Benvida: Concello e Deputación de Pontevedra
12:30 h Gañadoras III Premio Opinión #MulleresQueOPinan
Alba Chaves Abelleira conversa con Diana López Varela
Dores Tembrás Campos conversa con Susana Pedreira Buján
13:15 h “Historia dunha tese: María Luz Morales, unha pioneira rescatada”
Alba Moledo Ucha, xornalista do Diario de Pontevedra
14:00 h Pausa para xantar
17:00 h “Datos, voces e contexto: claves para o tratamento informativo das violencias machistas”
Fátima Frieiro Santaya, xornalista do Diario de Arousa
17:45 h “Xornalismo, psicoloxía e saúde mental: unha cuestión de responsabilidade”
Rebeca Yanke García, xornalista en El Mundo
18:30 h “O desafío da desinformación”
Carmela Ríos Calvo, xornalista e profesora. Opinión en El País
19:15 h “Liberar o tempo propio: repensar a nosa relación co traballo”
Remedios Zafra Alcaraz, escritora e investigadora, Premio Nacional de Ensaio 2025
Sábado 14 de marzo
12:00 h “Actualidade e deportes en clave local”
Nieves Domínguez Amil, xornalista de La Voz de Galicia
12:45 h “Un refuxio compartido: narrando a historia das superviventes de maltrato”
Isabel Coello Cremades, xornalista e creadora do pódcast La casa grande
13:30 h “As mulleres no xornalismo musical”
Sara Morales Fuentes, xornalista e directora da revista musical Efe Eme
14:15 h Pausa para xantar
17:00 h “Ao mando da coordinación informativa”
Eva Vázquez Lima, xornalista delegada de Atresmedia Galicia e coordinadora dos centros territoriais de Antena3 Noticias en España
17:45 h “Xornalismo sen fronteiras: mulleres e información en países musulmáns”
Ebbaba Hameida Hafed, xornalista en RTVE e en Reporteiros Sen Fronteiras
18:30 h “Amor, desexo e as súas representacións culturais”
Andrea Proenza Zoroquiain, xornalista. Opinión en elDiario.es
19:15 h “Vinte anos de actualidade en directo”
Helena Resano Lizaldre, xornalista en La Sexta Noticias
Máis información e formulario de inscrición na web da Deputación de Pontevedra.