Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2022

Do ao

Horario: Venres 10 de xuño de 2022, desde as 11:00 ata as 19:00 h, e sábado 11 de xuño de 2022, desde as 12:00 ata as 19:00 h

Lugar: Edificio Castelao Museo de Pontevedra. Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

A Deputación de Pontevedra organiza a cuarta edición do Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas, que nesta ocasión regresa á presencialidade. Mulleres de diferentes xeracións e perfís, todas elas profesionais do xornalismo e a escritura, que reflexionarán durante dous días sobre a realidade do xornalismo de opinión en España durante o venres 10 e o sábado 11 de xuño no Edificio Castelao Museo de Pontevedra (Rúa Padre Amoedo Carballo, 3). O encontro será tamén retransmitido en directo por streaming.

Se o xornalismo é un sector dirixido maioritariamente por homes, o da opinión é un xénero no que as mulleres levan anos pelexando para atopar o seu espazo nas páxinas dos xornais, nos que as firmas son un 80 % masculinas, nos faladoiros de radio e televisión e nos novos medios dixitais. A pesar desa realidade, hai mulleres columnistas, que escriben, que opinan, que abren blogs para posicionarse sobre a actualidade e a realidade na que viven, hai mulleres que dirixen medios e hai mulleres que introducen na axenda mediática temas e voces silenciadas durante anos. O Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas reune a dezaoito delas esta fin de semana co seguinte programa:

Venres 10 de xuño

11:00 h Inauguración coa presidenta da Deputación e co alcalde de Pontevedra
11:30 h Perspectiva de xénero no xornalismo local. Carolina Sertal, xornalista en Faro de Vigo
12:15 h 4 anos e 1 pandemia. "María Varela, Inma L. Silva e Diana López Varela
13:00 h Sen tabús e con proximidade: falemos de depresión e enfermidade mental. Almudena Sánchez, xornalista e escritora, autora de Fármaco
13:45 h Deporte feminino e olimpismo: a voz dunha pioneira. Paloma del Río, xornalista deportiva en RTVE

17:15 h Actualidade e análise política: éxitos, frustracións e expectativas Estefanía Molina, xornalista e politóloga. Columnista en El País, analista en La Sexta, SER, TVE-24h e TV3
18:00 h Arte, moda, feminismo e cultura: unha escritora de revista. Joana Bonet, xornalista e escritora. Opinión en La Vanguardia
18:45 h Pausa/Descanso
19:00 h Un encontro moi esperado. Mamen Mendizábal, xornalista e presentadora de televisión
Presenta Ángeles Caballero

Sábado 11 de xuño

12:00 h Opinión local e de provincias. Non hai fronteiras. Marta Otero, xornalista en La Opinión da Coruña e María Piñeiro, xornalista en El Progreso e no Diario de Pontevedra
12:45 h Desencaixada: nacer en Ucraína, ser migrante e xornalista en España. Margaryta Yakovenko, escritora e xornalista en El País
13:30 h Ver, oír e non calar. Ángeles Caballero, xornalista. Opinión en El Confidencial, La Sexta e Onda Cero

17:00 h 4 anos e 1 pandemia. Marta García Aller, Fernanda Tabarés e Ana Pardo de Vera
18:00 h Columnas e entrevistas: opinión con mirada propia. Luz Sánchez Mellado, xornalista en El País
18:45 h Pausa/Descanso
19:00 h Mila vs. Milá. Sen complexos nin etiquetas desde 1974. Mercedes Milá, xornalista e presentadora de televisión

Máis información e formulario de inscrición na web da Deputación de Pontevedra.