Día dos Medios en Galego 2024
Do ao
A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) presenta varias actividades e celebracións relacionadas coa nosa lingua para celebrar o XI aniversario do Día dos Medios en Galego. O amplo programa está composto por un conxunto de roteiros ao longo do mes de febreiro, a presentación dunha guía didáctica e un evento musical o 22 de febreiro na Coruña
Nos roteiros xornalísticos visitaranse lugares emblemáticos relacionados coa historia e a actualidade dos medios en galego, acompañados por expertos na temática e amenizado por bandas musicais. As localizacións confirmadas son A Estrada (3 de febreiro), Santiago de Compostela e A Pobra do Caramiñal (17 de febreiro), e A Coruña (24 de febreiro). Ademais, presentarase unha guía didáctica para que o profesorado galego poida incluír contidos relacionados co pasado e o presente dos medios en galego, que leva por título Coñecendo os medios en galego. Por último, AMEGA repite na organización dun evento musical, con Fillas de Cassandra e De Ninghures, o vindeiro xoves 22 de febreiro na Sala Inn Club da Coruña a partir das 21h.
Máis información aquí.