XIX Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica
Do ao
A Deputación da Coruña convoca a décimo novena edición do premio “Luís Ksado” de Creación Fotográfica. Estabelécese un premio único dotado con 6.500 euros.
Do ao
A Deputación da Coruña convoca a décimo novena edición do premio “Luís Ksado” de Creación Fotográfica. Estabelécese un premio único dotado con 6.500 euros.
Do ao
O Ateneo de Santiago convoca unha nova edición do Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico, que ten o obxectivo de impulsar traballos xornalísticos que contribúan a promover un debate cívico sobre asuntos de interese social, favorecendo o espazo público para mellorar a calidade de vida dos cidadáns.
Do ao
O Consello Europeo de Investigación, a través da iniciativa Frontiers, abre unha nova convocatoria do programa de residencias para xornalistas científicos de todo o mundo en institucións de investigación europeas. As residencias, que abarcan de 3 a 5 meses, serven para afondar na investigación en diversas disciplinas, incluídas as ciencias sociais e as humanidades. O prazo está aberto até o 6 de maio de 2025.
Do ao
O Consejo General de Enfermería (CGE) convocou a segunda edición do Premio Enfermería e Xornalismo “Isabel Zendal”, co propósito de promover e recoñecer o labor dos xornalistas e divulgadores nos medios de comunicación españois pola súa contribución na difusión do labor da profesión de enfermería, nos seus diferentes ámbitos de actuación.
Do ao
Corporación Vía Ágora convoca o II Premio Vía Ágora de Xornalismo, que pretende contribuír a fomentar a divulgación e o desenvolvemento da información relacionada co sector inmobiliario, o tecnolóxico e o de sustentabilidade, que resulte de calidade e interese para a sociedade e as empresas españolas.
Do ao
A Sociedade Española de Medicina Interna (SEMI) convoca o seu sexto Premio Xornalístico que ten como obxectivo recoñecer os traballos de comunicación que mellor reflictan o labor e función do internista e o papel da súa especialidade.
Do ao
Lilly España, en colaboración con Forética e ANIS, convoca os I Premios sobre Sustentabilidade en Saúde, co obxectivo de promover e recoñecer o labor de xornalistas nos medios de comunicación españois e a súa contribución na difusión dos valores en sustentabilidade en beneficio de alcanzar un impacto positivo no planeta.
Do ao
A Fundación Manuel Alcántara convoca o VII Premio Nacional de Xornalismo Deportivo Manuel Alcántara, coa colaboración da Fundación Unicaja, o Concello de Málaga e a Asociación de Periodistas Deportivos de Málaga. O obxectivo do premio é "promocionar o labor dos profesionais da prensa deportiva e incentivar o exercicio dun xornalismo rigoroso e de calidade".
Do ao
A Comisión Europea abre a convocatoria do seu programas para xornalistas novos e estudantes Youth4Regions. As persoas escollidas viaxaran a Bruxelas, cos gastos pagos, para participar como xornalistas nas coberturas relacionadas coa semana das rexións da Unión Europea, que se celebrará do 11 ao 17 de outubro. O programa inclúe tamén formacións, visitas ás institucións ou contactos con xornalistas e asociacións de medios.
Do ao
O Concello de Bueu convoca unha nova edición do Premio de Xornalismo Johán Carballeira. Poden presentarse ao galardón traballos de temática libre pertencentes a calquera xénero xornalístico escritos en lingua galega e publicados ao longo do 2024.
Do ao
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), convoca a décima edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas, que trata de estimular e recoñecer as actividades de comunicación da ciencia e da tecnoloxía entre as/os profesionais do xornalismo dos medios de comunicación galegos.
Do ao
A Asociación de Periodistas – Asociación de la Prensa de Almería convoca o XIII Premio Internacional de Xornalismo “Colombine” en honor á xornalista e escritora almeriense Carmen de Burgos. Establécese un único premio de 5.000 euros.
Do ao
O Concello de Fornelos de Montes convoca a oitava edición do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey, que busca honrar a memoria do ilustre escritor e contribuír á promoción xornalística en galego.
Do ao
A Asociación de la Prensa de Málaga e a Fundación Manuel Alcántara presentaron a sexta edición do Certame Nacional "Elgar" de Cadriños Xornalísticas que organizan e convocan conxuntamente. Esta convoca dúas modalidades: Traxectoria Profesional e Mellor Cadriño do Ano, dotadas con 5.000 e 2.500 euros, respectivamente.
Do ao
O Concello de Alcalá de Henares convocou unha nova edición do Premio Ciudad de Alcalá de Xornalismo “Manuel Azaña” co fin de estimular e promover a calidade e innovación nos xéneros xornalísticos realizado a través dos medios de calquera índole polos profesionais da información.
Do ao
A Fundación Grünenthal puxo en marcha a décimo sexta edición dos seus premios de xornalismo, que recoñecen o labor de medios e xornalistas para sensibilizar a sociedade sobre a dor, o seu diagnóstico, evolución e tratamento.