II Premio Shireen Abu Akleh
Do ao
A Federación Internacional de Xornalistas (FIP) e a Unión da Prensa Francófona (UPF) convocan a segunda edición do Premio Shireen Abu Akleh, un galardón anual dotado con 5000 euros que recoñece a valentía, a integridade e o compromiso das mulleres xornalistas de todo o mundo. O premio rende homenaxe ás mulleres profesionais dos medios de comunicación que arriscan a súa seguridade para informar ao público e defender os máis altos estándares do xornalismo.