Concerto solidario de Luis Fercán para RSF
Do ao
Horario: Domingo 6 de setembro ás 18:00 horas
Lugar: Pazo das Torres. Rúa Saber, 17. Santa Cruz (Oleiros)
Reporteiros Sen Fronteiras organiza, o domingo 6 de setembro ás 18:00 horas, un concerto acústico de Luis Fercán no xardín do Pazo das Torres (Santa Cruz, Oleiros), con prazas moi limitadas. As entradas, cun prezo xeral de 20 euros e unha modalidade de primeiras filas por 35 euros. permitirá proporcionar chalecos e cascos de protección para xornalistas en situación de risco.
O cantautor galego Luis Fercán ofrecerá o vindeiro domingo 6 de setembro un concerto solidario no xardín do Pazo das Torres (Rúa Saber, 17), en Santa Cruz, no Concello de Oleiros, no que será unha oportunidade excepcional para desfrutar dun dos artistas galegos con maior proxección da nova canción de autor nun formato moi especial: acústico, próximo e cunha capacidade íntima de 170 persoas. A actuación, que dará comezo ás 18.00 horas, está destinada a recadar fondos para a compra de equipos de protección —chalecos e cascos antibalas— para mulleres xornalistas que traballan en zonas de conflito. O concerto está organizado por Reporteiros Sen Fronteiras, co patrocinio do Concello de Oleiros e o apoio da Asociación da Prensa da Coruña.
As entradas xa poden adquirir a través da plataforma Woutick, cun prezo xeral de 20 euros e unha modalidade especial de primeiras filas por 35 euros. Tamén existe unha fila cero para contribuir economicamente coa causa.
Máis información aquí.