Bolsas de xornalismo Axencia EFE-Fundación “la Caixa”
Do ao
A Axencia EFE, a través da Escola de Xornalismo, e a Fundación “a Caixa” convocan a XX edición do seu programa de bolsas de xornalismo, destinadas a doce alumnos do último ano do Grao de Xornalismo e/o Comunicación Audiovisual de universidades españolas, e cunha duración de 18 meses.
Os primeiros nove meses as prácticas realizaranse na sede central de EFE en Madrid e nas delegacións da Axencia nas distintas comunidades autónomas. Os outros nove meses desenvolverase nas delegacións internacionais da Axencia Efe en Europa, América, África e Asia. A segunda parte inclúe ademais a matrícula no Máster en Xornalismo Transmedia da UNED e a Axenciaa Efe.
Os solicitantes deberán ter a nacionalidade española e estar matriculados en último curso de grao en Xornalismo e/o Comunicación Audiovisual cun mínimo de 30 créditos por cursar. As persoas interesadas deben dirixir a súa solicitude e a documentación por correo electrónico á dirección escuela@efe.com ata o vindeiro 22 de setembro.
Máis información nas bases da convocatoria.