Benito Vicetto e a prensa ferrolá

Do ao

Horario: De martes a sábado das 11:00 ás 14:00 e das 17:00 ás 21:00 horas e os domingos das 11:00 ás 14:00 horas.

Lugar: Centro Cultural Torrente Ballester. Rúa Concepción Arenal, s/n. 15402 Ferrol.

A sala Bello Piñeiro do Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol (Rúa Concepción Arenal, s/n) acolle até o vindeiro 6 de outubro a mostra Benito Vicetto e a historia da prensa ferrolá, unha exposición homenaxe ao literato, poeta e historiador Benito Vicetto no bicentenario do seu nacemento a través de bibliografía, imaxes e traballos realizados polo autor ferrolán, na que se aborda tamén a súa relación coa prensa local e a importancia desta no desenrolo social e económico da cidade.

A exposición, comisariada polos os historiadores Esperanza Piñeiro e Guillermo Llorca, preséntase como o acto máis destacado da conmemoración do bicentenario do escritor e historiador ferrolán Benito Vicetto, e nela poderá verse material inédito, como documentos que formaban parte do seu arquvo persoal, ou unha compilación de publicaciones de xornais da época nos que colaborou el escritor, como El Águila (da que foi director), El Centinela de Galicia, Revista Galaica ou El Diario de Ferrol.

A exposición pode visitarse de maneira gratuíta no horario de apertura do Centro Cultural Torrente Ballester (de martes a sábado das 11:00 ás 14:00 e das 17:00 ás 21:00 horas e os domingos das 11:00 ás 14:00 horas).