Begoña Caamaño, xornalista feminista

Do ao

Horario: Venres 6 de marzo de 2026 a partir das 19:00 horas

Lugar: Librería Lila de Lilith. Rúa Travesa, 7. 15704 Santiago de Compostela

Xornalistas Galegas organiza unha conversa centrada no legado da xornalista Begoña Caamaño, na que participarán Ana Romaní, Sonia Díaz e Lucía Junquera, baixo a condución de Marga Tojo. O acto vai ter lugar a partir das 19:00 horas deste venres 6 de marzo na librería Lila de Lilith de Santiago de Compostela (Rúa Travesa, 7).

Este tributo preséntase como un achegamento emotivo e un recoñecemento conxunto a Begoña Caamaño por parte das súas compañeiras de profesión, tanto as intervintes como o colectivo que o impulsa.

A conversa reunirá a lembranza de Ana Romaní e Sonia Díaz que traballaron xunto a Caamaño. Romaní, unha das voces fundamentais da poesía e o xornalismo cultural, referente da radio pública galega onde foi compañeira de Begoña Caamaño no Diario Cultural, é autora da súa biografía para a proposta ás Letras Galegas. Sonia Díaz, xornalistas especializada en comunicación audiovisual compartiu traxectoria vital, amizade e carreira profesional no ámbito cultural con Begoña Caamaño. Finalmente participará tamén na charla Lucía Junquera, xornalista, fotógrafa e investigadora especializada na obra da homenaxeada.

A conversa está aberta de xeito gratuíto a todo o público interesado.