II Foro de Actualidade de Malpica: pluralidade, concordia e pensamento crítico

Do ao

Horario: Sábado 3 de outubro de 2026 a partir das 19:00 horas

Lugar: Centro Cívico de Malpica

Malpica de Bergantiños acolle o II Foro de Actualidade de Malpica, un encontro dedicado á análise da actualidade desde a pluralidade, a concordia e o pensamento crítico. A cita terá lugar o sábado 3 de outubro de 2026, ás 19:00 horas, no Centro Cívico de Malpica e contará coa participación da decana do Colexio de Xornalistas Belén Regueira.

Baixo o lema "Pluralidade, concordia e pensamento crítico", esta segunda edición do Foro organizado por Mallas de Area propón unha cita cultural e divulgativa para achegarse á actualidade con tempo para escoitar, contrastar puntos de vista e afondar nas ideas. 
 
O programa reúne voces do xornalismo e da literatura para compartir olladas, argumentos e experiencias arredor dos asuntos que marcan a conversa pública; e propón un espazo para a reflexión pausada, o intercambio de ideas e o diálogo entre perspectivas diferentes.
 
No debate participarán os xornalistas Belén Regueira, Xabier Fortes e Lucía Méndez e o escritor Juan Manuel de Prada. O encontro estará moderado por Anxo Pérez.
 
Máis información aquí.