#EUinMyRegion Media Trip

Do ao

A Comisión Europea abre a convocatoria do seu programa #EUinMyRegion Media Training para xornalistas rexionais e locais. As persoas escollidas viaxaran a Bruxelas, cos gastos pagos, para unha formación de dous días sobre políticas de cohesión, fondos e a Unión Europea en Xeral, que se realizará entre xuño e decembro deste ano. 

O programa formativo inclúe contidos sobre a  Comisión Europea e outras institucións, as políticas de cohesión da Unión Europea, cuestións políticas actuais europeas, oportunidades de financiamento, como xestiona a UE a fraude e a mala xestión dos fondos e ferramentas de datos para xornalistas, ademais de visitas a institucións europeas como a Comisión Europea, o Parlamento Europeo e o Consello da Unión Europea. Tamién se realizarán xuntanzas con expertos da Comisión por país.

Cada viaxe acollerá uns 30 xornalistas dos Estados membros da Unión Europea. A Comisión Europea cubrirá totalmente os custos de viaxe, aloxamento e manutención dos xornalistas que participen no programa.

As persoas interesadas poden cubrir até o 31 de maio, a súa solicitude a través do formulario web.

Máis información aquí.