O impacto da intelixencia artificial no xornalismo: Riscos e oportunidades

Do ao

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, co patrocinio da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia organizou unha serie de actividades baixo o título O impacto da intelixencia artificial no xornalismo: Riscos e oportunidades para analizar o uso da IA no xornalismo.

En primeiro lugar, o pasado 7 de abril de 2025 organizou unha xornada na Facultade de Ciencias da Comunicación coa participación de Verónica Bolón, Alba Meijide, Patricia Ventura, Alba Chao, Marcus Fernández, Raúl Romar García, Xabier Roláne Ramón Salaverría. No encontro, os expertos e as expertas coincidiron en defender a necesidade de compaxinar a inevitábel incorporación da intelixencia artificial na profesión coa deontoloxía e o xornalismo humano.

Ademais, como complemento a esta xornada, no mes de xullo de 2025, o Colexio organizou catro webinars de acceso libre e gratuíto, impartidos por Diego Vázquez, Sergio Aramburu Guillán, Alberto Garnil e Mónica López Goláne Patricia Comesaña Comesaña. Estes cursos formativos abordaron temas como as implicacións legais e deontolóxicas da IA ou o seu uso na comunicación corporativa.

Estas actividades busca responder á situación causada no xornalismo pola irrupción da intelixencia artificial (IA) no mundo da comunicación, que presenta grandes potencialidades como ferramenta ao tempo que suscita numerosas dubidas éticas e legais e ameazas como a posíbel substitución das e dos profesionais por máquinas ou a produción en masa de desinformación.

As gravacións tanto da xornada como dos webinars están disponíbeis para as colexiadas e colexiados e todas aquelas persoas interesadas.