O Colexio de Xornalistas manifesta o seu profundo pesar pola pérdida de José Vidal-Beneyto
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, lamenta o falecemento, aos 80 anos de idade, do sociólogo José Vidal-Beneyto. Con el pérdese unha das figuras máis salientables da loita pola liberdade de prensa e cunha longa e prestixiosa traxectoria profesional. Vidal-Beneyto destacou pola súa coherencia política e pola súa liberdade de pensamento, así como polos seus traballo sobre os medios de comunicación.