Cando vivir significa tomar partido xoves, 3 de maio de 2012 Nunca imaxinei que chegaría un día en que os xornalistas tivesemos que tomar partido, dar un paso adiante e significarnos para salvar a profesión da deterioración á que está sometida nos últimos anos.
O CPXG apoia as concentracións convocadas para o 3 de maio en defensa do xornalismo luns, 30 de abril de 2012 A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) apoia as concentracións que se teñen convocado para o vindeiro 3 de maio, Día da Liberdade de Prensa, baixo o lema "Sen xornalistas non hai xornalismo; sen xornalismo non hai democracia".
O CPXG expresa o seu absoluto rechazo ao proxecto de lei aprobado hoxe e que permitirá privatizar as canles autonómicas públicas venres, 20 de abril de 2012 A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) recorda que os medios públicos son un servizo ao que ten dereito a cidadanía, e que establecer, segundo anunciou a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, que deberán someterse ás esixencias da Lei de Estabilidade -é dicir, ao déficit cero- é tan absurdo como pretender que se sometan os servizos sanitarios ou policiais.
O CPXG condena as coaccións aos traballadores da CRTVG sábado, 31 de marzo de 2012 A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) expresa a súa condena ao asalto ás instalacións da CRTVG en San Marcos, a primeira hora da tarde de onte, por parte dun grupo de persoas que se identificaban como afectados polas participacións preferentes.