Biografía
Carme D. Prol (O Grove, 1997), graduada en Xornalismo pola USC e máster en Produción Xornalística e Audiovisual na UDC, traballa actualmente no eido da comunicación cultural e gabinete de prensa como autónoma. Colabora con diversos festivais e eventos de Galicia, maioritariamente relacionados coa cultura e a comunicación, entre outros proxectos. Antes, foi redactora en suplementos e mesa dixital en La Voz de Galicia. Formou parte do equipo do podcast Café Derby 21, programa de tertulias culturais realizado en colaboración con distintos medios e empresas galegas, Premio da Crítica de Galicia en Cultura Dixital en 2024.