Biografía

Naceu en Palas de Rei, Lugo, en 1978. É licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago (2000). Densenvolveu toda a súa carreira profesional na radiotelevisión pública estatal. Contou a actualidade da provincia de Lugo polos micrófonos de Radio 5 e Radio 1 de RNE de 2001 ata 2009. Desde aquela e ata hoxe informa do que acontece como correspondente de TVE en Lugo. É representante territorial en Lugo do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia desde 2012.