Biografía

Mónica Rosas Conde naceu en Santiago en 1974. Licenciada en Xornalismo pola USC, iniciou a súa andaina profesional na prensa escrita (El Correo Gallego, El Ideal Gallego). En 1998 comezou a traballar nos Servizos Informativos da TVG, onde traballou como redactora, presentadora e editora do microespazo Emprego e do Informativo local de Santiago. Entre 2006 e 2009 foi responsable de comunicación da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. En 2010 reincorporouse como redactora ao Telexornal Mediodía da TVG, onde continúa na actualidade.