Biografía

María Bragado (Vigo, 1992) é consultora especializada en comunicación estratéxica.
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e MBA en xestión de medios pola Universidade de Cardiff, desenvolve a súa carreira profesional no ámbito da comunicación corporativa. Actualmente traballa como directora de contas en Punto GA Comunicación. Mantén a columna ‘Vaia, son millennial’ na Revista Luzes e forma parte do seu comité de redacción dende 2015.