Biografía

Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Dirección de Comunicación Corporativa, Relacións Públicas, Protocolo e Eventos pola ESERP Business School e a European Communication School. Tras máis de doce años de experiencia en medios de comunicación como DXT Campeón, La Voz de Galicia, TeleCoruña, RadioVoz ou a Cadena COPE; especializouse no ámbito da comunicación corporativa. Dende 2013 desenvolve a súa labor profesional nas empresas Ideo Advisor e Atelier Gráfica Visual, colaborando con compañías, colectivos e organismos oficiais para axudarlles a mellorar a súa imaxe pública, desenvolver plans de RSC, conectar cos seus targets e deseñar proxectos editoriais off-line e on-line. Entre outras institucións, coordina a comunicación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, a Asociación Agraria de Galicia-ASAJA, o Clúster da Pizarra de Galicia ou o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense.