Biografía

Eliana Martíns (Boqueixón, 1984). Licenciada en Xornalismo pola USC, a maior parte da súa experiencia profesional desenvolveuna no ámbito da comunicación corporativa. Tras unha etapa no Grupo Progreso, comezou a traballar na xestión da comunicación nas artes escénicas, así como na editora especializada en arte contemporánea Dardo DS, onde foi redactora xefa da revista Dardo Magazine. Tamén foi responsable de comunicación da feira de arte contemporánea Espacio Atlántico, con sede en Vigo. Durante catros anos mantivo un proxecto propio de consultoría de comunicación, Deseu Comunicación, especializada no eido cultural e no social. Desde 2013 é responsable da comunicación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.