Biografía

Xosé Durán é actualmente redactor da Televisión de Galicia (TVG), onde dirixe o programa Vivir o MarIncorporouse no 1985 á TVG como redactor dos Servizos Informativos, procedente de Radio Noroeste.  Foi Xefe de Deportes, Redactor-Xefe e Xefe de Programas así como director de programas informativos como O Semanal e ReporteirosTen publicados varios libros, entre eles unha biografía do xornalista Roberto Blanco Torres (Editorial Galaxia), a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 1998 e un libro de ensaio sobre A televisión, as novas tecnoloxías e a conduta dos nenos ( Edicións Laiovento).  No ano 2003 participou como experto tecnolóxico no Proxecto de Elaboración das Cualificacións Profesionais no sector Audiovisual da Xunta de Galicia. Formou parte da Xunta de Goberno 2008-2012.