Volven as touradas a TVE

Dossieres

Coa emisión, este mércores 5 de setembro, dunha corrida da Feira de Valladolid na primeira canle de Televisión Española, as touradas volvían ao ente público tras seis anos sen emitir este tipo de espectáculos.

Esta emisión, realizada en horario infantil, provocou as queixas de numerosos organismos e asociacións. O propio manual de estilo de RTVE recolle que "Os nenos poden ver con angustia a violencia exercida sobre animais, polo que debemos evitarlla por todos os medios.

Na nosa comunidade, 'Galicia, mellor sen touradas' propuxo a desconexión do sinal de TVE e elevou unha queixa ao Valedor do Pobo, admitida a trámite, para investigar esta emisión en horario infantil.

Outros organismos, como o Consell de l'Audiovisual de Catalunya, o Consello Asesor de RTVE en Cataluña ou a Asociación de Usuarios de la Comunicación posicionáronse tamén contra esta situación.

Documentación