Telemadrid: tres anos de protestas

Dossieres

Os traballadores da televisión pública de Telemadrid levan tres anos loitando contra o que eles consideran unha vulneración dos preceptos de obxectividade, veracidade e imparcialidade. Segundo os traballadores do ente público, os problemas comezaron cando Manuel Soriano asumiu a súa dirección no ano 2003.

Segundo os profesionais traballadores do ente, "desde que está dirixido por Manuel Soriano Navarro, vulnera dereitos e liberdades esenciais nunha democracia, como son o dereito a recibir información veraz, plural e obxectiva por parte dos cidadáns e o dereito á liberdade de expresión dos profesionais da información".

Acusan de manipulación insostible ó equipo xestor de Telemadrid, presidido por Manuel Soriano, de quen din que é xornalista, pero non un xornalista independente e que desde hai tres anos, Onda Madrid e Telemadrid son unha radio e unha televisión ó servizo non da cidadanía, nin da sociedade, senón ó servizo dun interese político moi concreto; Os traballadores quéixanse de seren recoñecidos polos cidadáns como un medio de propaganda e carente de credibilidade.

Ante o descontento dos profesionais, o caso de manipulación foi levado, cun amplio informe sobre a situación, perante o Parlamento Europeo, que citou a Manuel Soriano para que comparecera na próxima reunión do Comité de Peticións.

Documentación