Sen acordo en La Voz de Galicia

Dossieres

Ás 20:00 de onte remataba a reunión entre o Comité Intercentros, delegados de persoal e a dirección de La Voz de Galicia. Pouco despois, o Comité anunciaba que non se chegara a acordo, ao rexeitar a empresa manter o emprego até 2014.

Esta situación fai que o proceso de inaplicación do convenio por parte da dirección do xornal continúe o seu curso. Un proceso no que a empresa prevé despedimentos, ademais dunha rebaixa para o 2013 de entre un 15% e un 16% do salario base e un 66% dos complementos, e para o 2014 dun 14 ou un 15% do salario e un 33% dos complementos.

Ao longo destes meses de negociacións, os traballadores chegaron a formular distintas accións de protesta, entre elas a convocatoria dunha manifestación na Coruña e da que tería sido a primeira folga do xornal. Con todo, as divisións entre os distintos integrantes do Comité Intercentros e as críticas do editor de La Voz de Galicia motivaron un enfrentamento entre os representantes dos traballadores que levou a desconvocar estas medidas e á dimisión dos membros da CIG no comité. A desconvocatoria da manifestación e da folga fíxose a cambio destas últimas reunións coa empresa, que resultaron tamén improdutivas.

Documentación