Reestruturación das delegacións da CRTVG

Dossieres

A Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) tomou este martes a decisión de "abandonar a externalización" dos informativos, para o que reestrutura as súas delegacións fóra de Santiago e pecha dúas sedes, a de Ferrol e a de Burela (Lugo).

Pola súa banda, o local de Pontevedra permanece aberto pero se integra na de Vigo en canto a xestión, e continuarán os centros da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

A medida desatou protestas nos gobernos locais das cidades afectadas, así como entre os representantes políticos e dos traballadores, entre eles o CPXG. A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia expresou a súa preocupación polas consecuencias laborais da decisión da CRTVG, que en principio afectará a un colectivo de entre 25 a 50 profesionais.

A Xunta de Goberno entende como positiva a decisión da TVG de poñer fin á externalización de parte dos servizos informativos, e por iso o Colexio valora positivamente que a TVG se faga cargo cos seus propios medios da cobertura de catro das cinco delegacións que conserva. Sen embargo, lamenta o peche das outras cinco que tiña, non soamente porque fai perigar o posto dos traballadores, senón polo peche dos informativos locais que viñan realizando, xa que iso afecta ao dereito dos cidadáns a recibir a información máis próxima territorialmente.

CPXG

Documentación