Polémica pola OPE na EiTB
EiTB, o ente público de radio e televisión vasca, acordou o 28 de abril convocar unha Oferta Pública de Emprego (OPE) de 46 postos de traballo para regularizar aos 79 empregados indefinidos non fixos das súas cinco emisoras.
Os traballadores consideran que a esta convocatoria de OPE é na realidade un "ERE encuberto" co que se perderán até 33 empregos nas emisoras do ente. Por esta razón, convocaron unha serie de protestas que tiveron o seu punto álxido na folga de 24 horas en Radio Euskadi que tivo lugar o pasado 12 de xuño.
Neste dossier, facémonos eco das distintas noticias, protestas e posicionamentos arredor da convocatoria da OPE na EiTB.
Neste dossier, facémonos eco das distintas noticias, protestas e posicionamentos arredor da convocatoria da OPE na EiTB.