Polémica pola inversión da administración en prensa

Dossieres

Nas últimas semanas, varios medios de comunicación publicaron información sobre o gasto económico de convenios e axudas asinados pola administración, principalmente a autonómica, con distintos xornais galegos.

Como noutras ocasións, as partidas destinadas, a repartición do diñeiro, a transparencia do proceso e os métodos escollidos para a adxudicación foron obxecto de polémica. Deste xeito, a oposición parlamentaria acusou ao goberno da Xunta de "mercar información".

O estabelecemento dunha regulación sobre as relacións do goberno autonómico cos medios de comunicación é unha reivindicación de vello que foi numerosas veces adiada. O seu compromiso incluíuse no pacto que rexeu a coalición de Goberno entre PSdeG e BNG entre 2005 e 2009 e no programa electoral co que Alberto Núñez Feijóo chegou á Presidencia da Xunta, pero até o momento non se realizou ningún soporte legal para este tipo de axudas e convenios.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, pola súa banda, xa realizou no 2006 unha proposta para obxectivar a concesión de axudas aos medios.

Documentación