Plan de reordenación da TDT

Dossieres

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo presentou esta semana o plan para a reordenación do espectro televisivo, que prevé que un 30% da capacidade que se reserve para televisión privada estatal saia a concurso para incrementar a oferta de canles potenciando a alta definición.

O novo plan recolle unha explotación da televisión dixital terrestre mediante oito canles múltiples digitales de cobertura nacional e autonómica. No ámbito de cobertura nacional, reservarase a capacidade de 5,4 múltiples dixitais para as emisións de RTVE e das actuais televisións privadas. Tamén está deseñado para manter a oferta de televisión local e autonómica e a súa evolución tecnolóxica cara á alta definición.

Así mesmo, establece medida para completar o proceso de reordenación das frecuencias de televisión para a liberación do dividendo dixital, proceso que se completará ao finalizar o presente ano. O obxectivo principal será o de evitar molestias aos cidadáns, facilitar a adaptación das instalacións e garantir en todo momento a posibilidade de seguir recibindo toda a oferta de canles.

Este proceso de reordenación da televisión dixital terrestre ten o seu inicio no peche de nove canles o pasado 5 de maio por orde do Tribunal Supremo. Neste dossier repasamos os pasos dados até a presentación deste plan.

Documentación