Pecha a edición en papel de Público

Dossieres

Mediapubli, empresa editora do diario Público, anunciou este venres aos traballadores que, debido a que non foi posible lograr investidores a compañía vese obrigada de acordo coa administración concursal a cesar a edición impresa do xornal.

A asemblea de traballadores decidirá cando se publica o último número impreso de Público que, en todo caso, non será máis alá do domingo 26.

A medida non afecta á edición dixital, Público.es que vai continuar coa súa actividade, nin tampouco á empresa editora de La Voz de Asturias, que presentara concurso de acredores xunto coa súa matriz, e cuxa cabeceira e edición dixital proseguirán a súa actividade.

Neste dossier, recollemos a información sobre as distintas dificuldades económicas que pasou o xornal, desde o seu nacemento o 26 de setembro de 2007, até a actual decisión da editora.

Documentación