Os xornalistas volven protestar contra os bloques electorais

Dossieres

O 15 de setembro, en resposta á consulta do Consejo Audiovisual de Navarra, a Xunta Electoral Central ditaminou que o tratamento mediático na campaña previa ao 20-N deberá "atender preferentemente aos resultados obtidos por cada formación política nas últimas eleccións equivalentes".

Esta repartición, segundo a propia XEC, terá que facerse dunha "maneira prudencial non aritmética".

Perante esta nova imposición dos bloques de información electorais nos medios audiovisuais, por riba dos criterios xornalísticos, as asociacións profesionais, que xa teñen interposto recursos en contra en numerosas instancias xudiciais, volveron alzar as súas voces.

Deste xeito, a Comisión Xestora do Consello Xeral de Colexios de Xornalistas fixo público un comunicado no que considera que as campañas electorais son un estado de excepción do dereito a informar. O Col·legi de Periodistes de Catalunya, pola súa banda, impulsou o manifesto Non todo o que é legal é xusto: Non aos bloques electorais e outras asociacións e representantes de medios públicos mostraron tamén o seu rexeitamento.

Documentación