O xornalismo fronte á violencia de xénero

Dossieres

O tratamento informativo da violencia contra as mulleres e a loita contra os estereotipos discriminatorios por motivos de xénero son unha das preocupacións principais do Observatorio dos Medios.

Con tres xornadas organizadas até o momento sobre o tema, o historial de documentación sobre a violencia de xénero é moi grande. Artigos sobre o tratamento informativo da violencia contra as mulleres (do tipo que sexa), análises sobre a súa propia fenomenoloxía e plasmación social, ou estudos sobre como loitar contra a linguaxe e actitude discriminatoria, tirados das conclusións das participantes nas diferentes xornadas sobre comunicación e medios; compoñen este arquivo.

Documentación