O Congreso apoia a Galicia para ser sede da Axencia Estatal de Radiocomunicacións
A Comisión de Industria do Congreso dos Deputados aprobou unha proposición non de lei do BNG, transaccionada co PSOE, na que se apoia que Galicia reúne "as condicións idóneas" para albergar a sede da Axencia Estatal de Radiocomunicacións.
Por esta razón, o Congreso insta ao Goberno a estudar a candidatura da comunidade galega.
A proposición recibiu o apoio de 36 deputados e só se abstivo CIU, pero o BNG accedeu a incluír unha transaccional do PSOE na que se aposta pola "deslocalización policéntrica" de organismos de nova creación para impulsar o estudo da localización da Axencia Estatal de Radiocomunicacións en Galicia.
O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, explicou a aceptación desta transaccional como "un xesto de xenerosidade", xa que o BNG contaba co respaldo do resto dos grupos "para sacar adiante" a súa proposición "nos seus xustos termos".
Jorquera xustificou a localización en Galicia da futura Axencia Estatal de Radiocomunicaciones, entre outros puntos, en que Vigo conta coa Escola de Telecomunicacións que en 25 anos formou a máis de 3.000 titulados e a comunidade galega é "un referente tamén no campo empresarial", xa que operan no seu territorio 1.500 sociedades do sector, que dan emprego a 13.000 persoas e ten un volume de negocio que supera os 4.500 millóns.
"As firmas galegas representan o 2,13% do noso PIB, que alcanza o 7% se engadimos as empresas de capital foráneo", destacou o deputado nacionalista, para quen, a orografía galega é "idónea para todo tipo de probas e estudos".
Pola súa banda, o PSOE emitiu un comunicado no que o deputado galego Ceferino Díaz valorou a aprobación da iniciativa e recordou que hai un acordo unánime do Parlamento galego para situar en Galicia a axencia. En todo caso, puntualizou que "o asunto está aberto e queda moito traballo por facer".
EUROPA PRESS
SANTIAGO DE COMPOSTELA