Novo convenio colectivo en La Voz de Galicia

Dossieres

Rematadas as negociacións entre a empresa e sindicatos, que comezarán coa proposta da dirección de reducir o persoal nun 25% en setembro, foi asinado a semana pasada o novo convenio colectivo de La Voz, que estará en vigor até 2014.

O acordo para a revisión do convenio, asinado en vísperas do 130 aniversario do xornal, inclúe minoración salarial e as condicións nas que se realizarán baixas incentivadas que poderán acadar até un 25% do persoal.

O preacordo alcanzado entre a dirección e os sindicatos foi aprobado o pasado día 21 de decembro. Repasamos neste dossier os distintos pasos da negociación até chegar á sinatura do convenio.

Documentación