Nomeada a nova directiva da CRTVG
A pouco máis dun mes da toma de posesión do novo goberno galego, Alberto Núñez Feijoo acometeu nas últimas semanas o nomeamento da directiva da CRTVG. Así, o 20 de maio dábase a coñecer que o director do ente sería Alfonso Sánchez Izquierdo, e esta mesma semana, que Rosa Vilas dirixirá a televisión e Rosa Martínez a radio.
Os nomeamentos, porén, non estiveron exentos de polémica. As promesas de Núñez Feijoo de nomear o director da CRTVG por consenso víronse defraudadas, e os distintos grupos políticos entraron nun cruce de acusacións sobre supostos contactos e decisións unilaterais. Non mellorou tampouco a situación o nomeamento das directoras da TVG e a Radio Galega, que algúns sectores viron como un continuismo da etapa do goberno Fraga.
A estas críticas, veu sumarse nestes últimos días o que foi unha das primeiras decisións de Rosa Vilas como directora da TVG, a supresión do programa A caixa negra sobre a crise das vacas tolas. Esta recebeu numerosas críticas de sindicatos, partidos, asociacións e particulares, incluída a do CPXG. Finalmente, a reportaxe vai ser emitida o martes 9 de xuño.
CPXG