Mobilizacións contra o ERE de Prisa

Dossieres

Traballadores de Radio Galicia Cadena Ser e da edición galega de El País concentraronse este xoves diante da sede da Ser en Santiago contra o ERE que pretende executar a dirección do grupo Prisa.

A través deste expediente de regulación, Prisa pretende botar o 18% do cadro, aínda que alega que unha parte dos despedimentos, como a área comercial, serán traballadores que pasarán a outras compañías do grupo. En todo caso, a empresa pretende desfacerse duns 2.500 traballadores, 1.400 antes de remate o verán.

No mesmo día, había manifestacións tamén noutras cidades dop Estado como Alicante e Valencia e os traballadores cataláns de Prisa pedían a dimisión de Juan Luis Cebrián, mentres que en Madrid, diante da sede central do grupo, concentráronse centos de persoas.

Con estas accións inicianse as medidas dos traballadores contra o ERE anunciado pola empresa.

CPXG

Documentación