¿Volta da publicidade á RTVE?
O Goberno rexistrou por sorpresa, o pasado venres 14, unha proposición non de lei pedindo o retorno da publicidade a Radiotelevisión Española. O texto presentado no Congreso insta ao Goberno "a modificar o sistema de financiamento da Corporación RTVE, que o faga sostenible e viable financieramente".
Este novo modelo debería contemplar que "xunto aos ingresos con cargo a fondos públicos fomente a obtención de ingresos comerciais, incluídos os derivados da participación no mercado da publicidade".
Radiotelevisión Española leva sen emitir publicidade desde o 1 de setembro de 2009. Desde aquel momento, o debate sobre unha posíbel volta das mensaxes comerciais á canle pública foi continuo, e acrecentouse cos últimos problemas económicos da corporación.
CRTVG