Informa_Dor: Recomendacións profesionais sobre información e sufrimento humano
Os colexios profesionais de Psicoloxía e Xornalismo entendemos como básico o compromiso ético das nosas intervencións profesionais, especialmente cando tratamos con feitos ou procesos que colocan os seus e as súas protagonistas en situación de vulnerabilidade.
A nosa colaboración quere constituír unha chamada de atención sobre as eivas que detectamos con frecuencia na elaboración de noticias, especialmente nas informacións relacionadas co sufrimento humano. Son carencias que, moitas veces, non respectan o dereito á intimidade e á propia imaxe das vítimas e que, moitas outras, acaban por incrementar a súa dor.
INFORMA_DOR inclúe recomendacións prácticas e información de interese para a abordaxe de noticias sobre Violencia Contra a Muller, Suicidio, Saúde Mental, Menores e Emerxencias, Catástrofes e Persoas desaparecidas.
Guía práctica para o tratamento informativo de emerxencias, catástrofes e persoas desaparecidas
Guía práctica para o tratamento informativo da saúde mental
Guía práctica para o tratamento informativo sobre menores
Guía práctica para o tratamento informativo da violencia contra a muller
Guía práctica para o tratamento informativo dos suicidios
GRUPO DE TRABALLO CONXUNTO CPXG-COPG
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Margarita de la Calle Bermejo
María Begoña Castro Iglesias
Rosa Cerqueiro Landín
Concepción López Martín
Xabier Macías Virgós
María Milagros Martínez García
Lorena Nieto Iglesias
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Roberto Castro Sieiro
Isabel Crespo Amado
Rocío Lizcano González
Belén Regueira Leal
Carme Santos Novo
Mónica Vidal Martínez