II Edición Medios de Comunicación e Violencia contra as Mulleres (2005)
Encontro entre xornalistas, expertas e expertos en diferentes ámbitos da violencia contra as mulleres como continuidade da xuntanza na que se aprobou a Declaración de Compostela para o correcto tratamento informativo da violencia contra as mulleres.
A celebración da segunda edición das xornadas Violencia contra as Mulleres e Medios de Comunicación, do Observatorio Galego dos Medios do CPXG en Lugo no ano 2005, pretendeu propiciar un encontro entre xornalistas e expertas e expertos en diferentes ámbitos da violencia contra as mulleres. En prol deste diálogo, celebrouse esta xornada como continuidade da que tivera lugar o 16 de outubro de 2004, na que se aprobou a Declaración de Compostela, un conxunto de medidas para o correcto tratamento informativo da violencia contra as mulleres.