Guía de comunicación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
A 'Guía de Comunicación' do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, realizada en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas, pretende ser unha ferramenta para os e as profesionais da información e a comunicación que queiran comunicar a realidade social desde unha honesta obxectividade, sen estigmas e sen prexuízos.
A guía aborda distintos colectivos e situacións de vulnerabilidade: persoas en risco de exclusión ou situación de dependencia, diversidade funcional, menores de idade en situación de conflito, mulleres en situación vulnerábel, inmigración e minorías étnicas.